Asociación Española de Técnicos de Natación 

Travesía Solidaria Memorial Fran Otero

O vindeiro 7 de xaneiro de 2018, Agaela, coa colaboración do Clube Natación Liceo, organiza a VII Travesía solidaria a favor dos afectados de ELA.

As xélidas augas do mar da Coruña acollerán aos intrépidos e solidarios nadadores que poderán participar neste reto en dúas modalidades: 400 metros (con ou sen neorpreno) e 1.000 metros (obrigatorio participar con neopreno).

Para reconfortalos á saída da auga haberá un chocolatiño quente e despois faremos algúns sorteos entre os asistentes.

 Desde agaela facemos un chamamento a todos eses deportistas solidarios que hai en galicia a que nos acompañen nesta travesía solidaria para mollarse pola ela

INSCRÍBETE YA